Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO polo que se anuncia concurso público, con procedemento aberto e tramitación urxente, para adxudicación da realización da obra de rehabilitación da escola laica primeira fase.

Aprobado polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria realizada o 6 de xuño de 2000 e prego de cláusulas económico-administrativas para a contratación da obra de rehabilitación da escola laica 1ª fase, convócase concurso con procedemento aberto e tramitación urxente para adxudicación do contrato de execución das referidas obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cabanas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Realización da obra de rehabilitación da escola laica 1ª fase.

b) Lugar de execución: Torre-San Martiño do Porto.

c) Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Réxime económico.

a) Tipo de licitación máximo: 33.669.636 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 673.393 pesetas.

b) Definitiva: 1.346.785 pesetas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cabanas.

b) Domicilio: Rúa do Concello, 2.

c) Localidade e código postal: Cabanas, 15621.

d) Teléfono: 981 49 59 59.

e) Fax: 981 43 19 44.

f) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata as 13 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, categoría c).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir da publicación do presente anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Cabanas. As proposicións non presentadas directamente comunicaranse por fax ou telegrama antes da hora na que remata o prazo de presentación, debendo acreditarse a data de envío da documentación.

d) Admisión de variantes: non se aceptan.

9. Apertura de ofertas.

a) Data: primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

b) Hora e lugar: ás doce horas no salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas.

10. Outras informacións.

As proposicións axustaranse o modelo que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Cabanas, 6 de xuño de 2000.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa