Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 3/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 28 de abril de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ampliación da Axencia Estatal Tributaria sita na rúa Comandate Fontanes, número 10 da Coruña.

2. Ordena-la publicación do presente acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, sito na Avenida da Mariña, 18, en horario de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación serán aboados polo promotor: Axencia Estatal de Administración Tributaria.

A Coruña, 5 de maio de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo