A Comisión de Goberno, en sesión do día 26 de maio de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle do rueiro 4 da urbanización Breogán en Feáns, presentado por Parque Montouto, S.A., se ben se terá en conta que non poderán concederse licencias de primeira ocupación mentres non se executen as obras previstas no Plan especial de infraestructuras.
2. Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista».
O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, Oficina de Planeamento, sito na Avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.
Os gastos de publicación deste anuncio serán aboados polo seu promotor.
A Coruña, 2 de xuño de 2000.
O alcalde
P.D.
Rubricado

