Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial de delimitación de polígono na Avenida de Galicia (expediente 5834/411).

Con data do 22 de maio de 2000, o alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo adoptou a seguinte resolución:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente a delimitación do polígono sito entre as rúas Avda. de Galicia e rúa «D» lateral en Teis (Exp. 5834/411), solicitada por Carlos Alberto Bagato, en representación de Inversiones Cota Mil, S.L., cunha superficie total de 10.164,00 m, dos que corresponden o 88,29% a Inversiones Cota Mil, S.L., mentres que o restante 11,71% é de propiedade de Rafael e Ramón Alonso Martínez.

Segundo.-Determinar inicialmente como sistema de actuación aplicable para a execución do polígono o de compensación.

Terceiro.-Somete-lo expediente ó trámite de información pública polo prazo de 20 días contados desde o seguinte ó da publicación no DOG con citación persoal ós propietarios afectados».

A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 31 de maio de 2000.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo