Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 17/POL 2000 Meira. Traída de augas no Piñeiro, e saneamento e pluviais tramo urbano.12.000.0005 mesesNon se esixe

Nº 24/POL 2000 Antas de Ulla. Saneamento e depuración de augas residuais nos núcleos de Funsín e Randulfe.10.000.0004 mesesNon se esixe

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 26/POL 2000 Bóveda. Reposición rede sumidoiros e filtros biolóxicos en Rubián, As Pontes e Bóveda.11.300.0004 mesesNon se esixe

Nº 31/POL 2000 Guitiriz. Mellora e ampliación do saneamento en Ansede e Cancillón.12.000.0004 mesesNon se esixe

Nº 109/POS 2000 Barreiros. C de Vilamar-Reme a San Xusto de Cabarcos, mellora acceso a praias.13.000.0006 mesesNon se esixe

Nº 6/POL 2000 Burela. Abastecemento de auga ó núcleo de Vilar desde o novo depósito.11.127.5003 mesesNon se esixe

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de 10 a 14 horas.

1. Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

2. Domicilio: r/ San Marcos s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/San Marcos s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás ós sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións:

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 1 de xuño de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo