No uso das atribucións recollidas no artigo 3 da Lei 10/1996, do 5 de novembro (DOG nº 227, do 20 de novembro), o Padroado da Fundación Hospital Verín acorda a convocatoria das correspondentes probas de selección de persoal, con respecto ós principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, segundo determina o artigo 2 da citada lei.
Na súa virtude, a Dirección da Fundación Hospital Verín fai pública a convocatoria de selección do seu persoal, de conformidade coas seguintes bases:
Persoal facultativo:
Categorías convocadasNº de prazas
Médico especialista en reumatoloxía1
Médico especialista en rehabilitación1
Titulación requirida: a licenciatura e especialidade esixida legalmente para o desempeño de cada unha das prazas convocadas.
Procedemento de selección: consistirá en dúas fases.
1ª fase: valoración dos méritos achegados.
2ª fase: entrevista persoal.
A nota final do procedemento será a resulta de:
1ª fase: 50%.
2ª fase: 50%.
Dereitos: os candidatos aboarán 7.500 pesetas en concepto de dereitos, na conta de Caixa Galicia número 2091-0409-93-3040008071. O xustificante do ingreso remitirase coa solicitude. A súa non presentación significará a exclusión automática do proceso.
Normas xerais.
Os requisitos previos esixidos para tódalas categorías son:
1. Ter cumpridos 18 anos, no momento da publicasación desta convocatoria.
2. Acredita-la nacionalidade española, ou dun país membro da Unión Europea, ou, se é o caso, dispoñer de autorización para poder residir e traballar legalmente en España.
3. Posuí-la titulación precisa para o posto ó que se opta, no momento da publicación da convocatoria.
Tipo de contrato: ordinario indefinido, e o disposto no artigo 14.1º do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo (BOE do 29 de marzo).
A Fundación Hospital Verín resérvase o dereito de declarar deserta algunha das prazas convocadas.
A selección, de conformidade co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro (DOG nº 227, do 20 de novembro) será efectuada por unha comisión de avaliación constituída para tal efecto.
Solicitude de participación; paar participar neste proceso deberase remitir a solicitude obrigatoriamente por correo ou presentala en persoa, ou dirixida a Fundación Hospital Verín, estrada de Laza, s/n, 32600 Verín, Ourense, no prazo improrrogable de dez días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do presente anuncio, indicando no sobre a categoría a que se presenta. No caso de que o último día natural fora festivo, o último día sería o seguinte día hábil ó festivo.
As solicitudes deberán axustarse necesariamente ó modelo oficial desta convocatoria, calquera solicitude que non se axuste ó dito formato quedará excluída sen máis trámites. Estas solicitudes poderanse recoller nas direccións provinciais do Sergas da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Documentación:
a) Fotocopia do documento nacional de identidade compulsado, a non presentación del, ou a non compulsa, significará a exlusión automática do proceso, sen posibilidade de emenda-lo erro.
b) Copia compulsada, se é o caso, dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de ter superados cursos de coñecementos; a non compulsa dos documentos significa a non validez deles, e non se poderán presentar con posterioridade á finalización da presentación de solicitudes.
c) Copia compulsada do título mínimo esixido para cada categoría, a non presentación del ou a non compulsa significará a exlusión automática do proceso.
Calquera riscadura ou raspadura, tanto nos certificados ou en calquera dos documentos anexos que xunte o/a candidato/a, sempre que non se encontren salvados baixo sinatura, quedarán excluídos sen máis trámite.
No que se refire ós servicios prestados, en tódolos puntos do baremo, serán valorados unicamente os acreditados ata o día inmediato anterior, incluíndo, o da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Non se valorarán os seguintes documentos: vida laboral do INSS, contratos e certificados de empresa para o Inem.
Así mesmo, nos certificados de servicios prestados deberán indicar nome e apelidos, categoría na que traballa ou traballou e o tempo traballado en días.
Exclusións e reclamacións: primeiro sacarase unha lista provisional de admitidos e exluídos, tendo os exluídos un prazo de 10 días para emenda-las posibles deficiencias ou erros que se puideran encontar nas listas, logo de reclamación escrita do/a interesado/a. Con posterioridade sacarase unha lista definitiva de admitidos.
Todas aquelas instancias que se presenten fóra do prazo establecido, ou aquelas persoas que fixeran o pagamento dos dereitos fóra do período establecido, quedarán automaticamente excluídas do proceso de selección.
Unha vez sacada a lista provisional de baremación de méritos, darase un prazo de 10 días para calquera reclamación. Estes baremos estarán á disposición do público nos taboleiros das direccións provinciais do Sergas, da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Incorporación: os candidatos seleccionados incorporaranse de forma gradual segundo as necesidades da Fundación Hospital Verín.
Para calquera tipo de información pódese chamar o teléfono 988 41 44 41, desde as 9 ata as 13 horas de luns a venres.
Verín, 7 de xuño de 2000.
Enrique Isaac Pérez Rivera
Director xerente da Fundación Hospital Verín

