Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2000 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Pedra Chantada. (Expediente 028-EOL).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Made Energías Renovables, S.A. con enderezo para

efectos de notificacións en rúa do Castiñeiriño, 12, 3º A, C.P. 15702 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Pedra Chantada; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 30 de novembro de 1998, Jerónimo Llompart Homs, en nombre e representación de Made Energías Renovables, S.A. solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Pedra Chantada, de 24,42 MW, achegando a documentación establecida paro o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e derechos afectados someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, do 12 de marzo de 1999, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: DOG do 26-3-1999, BOP de Lugo do 25-3-1999, no BOE do 19-3-1999, en El Progreso e La Voz de Galicia do 24-3-1999 e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Muras, Ourol e O Valadouro e déuselles coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Terceiro.-O 29 de decembro de 1999, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico que no seu punto 1.5.3 indica a non viabilidade medioambental dos catro aeroxeradores seguintes: B31, M32, B33 e B34.

Cuarto.-O 4 de febreiro de 2000, Made Energías Renovables, S.A. presenta as modificacións do proxecto requiridas na declaración de efectos ambientais.

Quinto.-O 21 de febrero de 2000, a Dirección Xeral de Industria desestimou as alegacións presentadas polos interesados e resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Proxecto modificado.

Concepto: Ud.

Nº de aeroxeradores tipo Made AE 46/1: 33 Ud.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 Kw.

Potencia total instalada: 21,78 MW.

Transformadores de 0,690/20 kV instalados na torre do aeroxerador de potencia unitaria 700 kVA: 33 Ud.

Producción anual neta estimada: 62.720 MWh/ano.

Investimento previsto: 2.613.663.507 pesetas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 212/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Cumpridos os trámites establecidos nos artigos 9, 10 e 11 do Decreto 2619/1986 que aproba o seu regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sanción en materia de instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios no expediente insutruído para o efecto.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Pedra Chantada, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola lei 4799, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio