En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504,1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula IV do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requerimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden as cantidades que se sinalan,
facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.
Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.
En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 11 de maio de 2000.
María Teresa Morán Calero
Xefa del Área provincial da Coruña
ANEXO
-Francisco Babio Esmorís e herdeiros.
Expediente C-1-CD/1979 (Desafiuzamento FP 15/2000).
Conta: 164.
O Birloque, bloque 5, P-5, baixo dereita (A Coruña).
Importe débeda: 1.839.132 pesetas.
-Fermín Otero Rivas e herdeiros.
Expediente C-1-CD779 (Desafiuzamento FP 17/2000).
Conta: 244.
O Birloque, bloque 7, P-7, 1ºB (A Coruña).
Importe débeda: 864.635 pesetas.
-Pedro Blanco Ruiz e herdeiros.
Expediente C-1-CD/1979 (Desafiuzamento FP 18/2000).
Conta: 258.
Elviña 2ª fase, O Birloque, bloque 3, P-7, 4º D (A Coruña).
Importe débeda: 1.662.311 pesetas.
-Bernardo Pereira Saavedra e herdeiros.
Expediente C-1-CD/1979 (Desafiuzamento FP 19/2000).
Conta: 429.
Elviña 2ª fase, O Birloque, bloque 5, P-11, 8º A (A Coruña).
Importe débeda: 1.677.575 pesetas.
-Ramón Calvo Torrado e herdeiros.
Expediente C-1-CD/1979 (Desafiuzamento FP 20/2000).
Conta: 507.
O Birloque, bloque 13, P-13, 7º C (A Coruña).
Importe da débeda: 993.386 pesetas.
-Manuel J. Yáñez Rodríguez e herdeiros.
Expediente C-1 CD/1979 (Desafiuzamento FP 21/2000).
Conta: 547.
O Birloque, bloque 14, 7º C (A Coruña).
Importe débeda: 945.832 pesetas.

