Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente C.P. 1/2000-S.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde. Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n, (27004) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministración. Teléfono: 982 29 65 32. Fax: 982 21 29 24.

c) Número do expediente: C.P. 1/2000-S.

2. Obxecto da contratación:

a) Tipo de contrato: contrato de servicios.

b) Descrición do obxecto: prestación dos servicios de dietética (lote nº 1) e transporte dos menús desde a cociña do Hospital Xeral (lote nº2).

c) Lotes: dous lotes.

d) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 7 do 12 de xaneiro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: vintetrés millóns cincocentas mil pesetas (23.500.000) IVE incluído, 141.237,84 euros.

Lote nº 1: 15.400.000 ptas. 92.555,86 euros.

Lote nº 2: 8.100.000 ptas. 48.681,98 euros.

5. Adxudicación:

Lote nº 1: prestación do servicio de dietética.

a) Data: 15 de marzo de 2000.

b) Contratista: Alessa Galicia de Catering, S.A.

c) Importe da adxudicación:

Dez millóns catrocentas tres mil cento oitenta e catro ptas. (10.403.184) IVE incluído, 62.524,40 euros, para o período comprendido entre o 15 de marzo ó 31 de decembro de 2000.

Lote nº 2: prestación do servicio de transporte dos menús desde a cociña do Hospital Xeral.

a) Data: 15 de marzo de 2000.

b) Contratista: Recosald, S.L.

c) Importe da adxudicación:

Seis millóns corenta e oito mil oitocentas dúas ptas. (6.048.802) IVE incluído, 36.354,03 euros, para o período comprendido entre o 15 de marzo ó 31 de decembro de 2000.

Lugo, 28 de abril de 2000.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo

Hospitalario Xeral-Calde de Lugo