Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2000, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 1/2000.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e en cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, acordou darlle publicidade á adxudicación do seguinte concurso:.

C.P. 1/2000 (5 lotes): compra de diverso material funxible sanitario.

Lote 1.

Obxecto: xiringas e agullas de insulina.

Adxudicatario: este lote quedou deserto.

Lote 2.

Obxecto: tiras reactivas e lancetas.

Importe da adxudicación: 3.298.000 ptas. (19.821,38 euros).

Adxudicatario: Menarini Diagnostics, S.A.

Lote 3.

Obxecto: vendas cohesivas.

Importe da adxudicación: 2.587.500 ptas. (15.551,19 euros).

Adxudicatario: Farmaban, S.A.

Lote 4.

Obxecto: vendas de crepé, compresas gasa e tiras gasa.

Importe da adxudicación: 2.552.100 pesetas (15.338,43 euros).

Adxudicatario: Textil Planas Oliveras, S.A.

Lote 5.

Obxecto: luvas.

Importe da adxudicación: 1.492.000 pesetas (8.967,10 euros).

Adxudicatario: Torras Valenti, S.A.

Ferrol, 8 de maio de 2000.

Luis Verde Remeseiro

Director da Xerencia de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol