A Comisión de Goberno do Concello de Cambre, na súa sesión con data do 19 de outubro de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de espacios libres e zonas verdes na Coutelana-O Temple, elaborado polo arquitecto Francisco Luis Freire González e promovido por Ángel Pena Fandiño y otro C.B.
O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.
Esta resolución, de conformidade co establecido no artigo 109 da Lei 30/1992, pon fin á vía administrativa. A teor do establecido nos artigos 107 e 116 da citada lei poderá recorrerse potestativamente en reposición ou impugnala directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa.
O prazo para interpoñe-lo recurso de reposición é dun mes contado desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio e deberá presentalo ante o mesmo órgano que a dictou, segundo o establecido no artigo 117 da Lei 30/1992.
O prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio, e deberá presentalo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou no Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, todo isto sen prexuízo de que poida exercitar, de se-lo caso, calquera outro recurso que estime procedente.
Cambre, 25 de abril de 2000.
Antonio Varela Saavedra
Alcalde

