Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión celebrada o día 11 de maio de 2000, acordou:

1.-Aprobar con carácter inicial o documento de modificación puntual do Plan parcial de Cordeda-1 redactado polo arquitecto municipal que ten por obxecto a modificación das aliñacións establecidas polo citado plan o conxunto C-6 e parcela T-1 que se corresponden coas parcelas 11, 12, 13, 68 e EL-10 do proxecto de compensación do ámbito coa finalidade de resolve-lo problema suscitado pola proximidade dos edificios construídos na UA-10 e os que se constrúan sobre estas parcelas de mante-las aliñacións establecidas.

2.-Somete-lo documento a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia e notificar á Xunta de Compensación do ámbito e ós propietarios das parcelas afectadas pola modificación.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 16 de maio de 2000.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo