Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.356

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de marzo de 2000 pola que se definen as normas para a aplicación, durante o ano 2000, dun programa de axudas para o cesamento anticipado na actividade agraria.

Advertido un erro na Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se definen as normas para a aplicación, durante o ano 2000, dun programa de axudas para o cesamento anticipado na actividade agraria, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 66, do martes, 4 de abril, no seu artigo 2 i), cómpre efectua-la oportuna corrección:

No artigo 2 i), onde di: «Hectárea tipo: a hectárea de terra cunha producción de 300 euros (49.915,80 ptas.) de marxe neta por hectárea, de cada explotación».

Debe dicir: «Hectárea tipo: a hectárea de terra cunha producción de 300 euros (49.915,80 ptas.) de marxe neta ou de marxe bruta estándar por hectárea de cada explotación».