Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.356

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Construcciones Alea, S.L. de Ourense.

Visto o texto da acta da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Construcciones Alea, S.L. de Ourense (código convenio nº 3200162, publicado no BOP nº 241, do 19-10-1999), con entrada nesta delegación provincial o día 26-4-2000, subscrita da parte económica pola empresa, e, da parte social polo comité de empresa o día 24-4-2000, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 8 de maio de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta nº 41

En Ourense, sendo as dezaoito horas trinta minutos do día 24 de abril de 2000, reúnense no domicilio social de Construcciones Alea, S.L. sito na Rúa do Cumial, 23, Seixalbo (Ourense), para levar a cabo a aprobación da revisión salarial do convenio da empresa para o período do 1 de xaneiro de 2000 ó 31 de decembro de 2000, e o calendario laboral para o mesmo período de tempo, as persoas que a seguir se citan:

Dunha parte, e como representantes sindicais grupo de traballadores: Antonio Gómez Fernández, Camilo Guede Forneiro, Antonio F. López Carnero e Sergio Cabido Diéguez.

Todos eles na súa condición de compoñentes do comité de empresa.

Doutra parte en representación da empresa Luis Orgando Hermida.

Aberta a sesión, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Con relación ó primeiro punto da orde do día, as partes están de acordo en que o dito incremento salarial se fixe no catro por cento (4%), que se aplicará sobre a retribución do ano 1999 e axustarase ás novas táboas, segundo se reflicten no anexo I.

Continuando co primeiro punto da orde do día, fíxase a axuda de custo completa en tres mil catrocentas pesetas (3.400 ptas.), para todo o persoal da empresa, sexa cal fora a súa categoría. Así mesmo, queda fixada a media axuda de custo en mil catrocentas pesetas (1.400 ptas.) diarias por cada día efectivo de traballo para todo o persoal da empresa sexa cal fora a súa categoría.

Queda excluído de calquera incremento o premio de antigüidade.

Que con relación ó segundo punto da orde do día (segundo se reflicte no anexo II), axústase o calendario laboral anual para o ano vixente, e se fixan como días non laborais os seguintes: 7 de xaneiro, 17 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 13 de outubro e 7 de decembro.

E por último, adóptase por unanimidade remitir á autoridade competente a referida acta para o seu depósito, inscrición, aprobación e publicación, autorizando a Camilo Guede Forneiro, para que realice as xestións necesarias para isto.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión unha vez aprobada por unanimidade a presente acta, a cal é asinada por tódolos presentes, sendo as vinteúnha hora quince minutos.

ANEXO I

Táboa de retribucións para o período 1-1-2000 ó 31-12-2000 da

empresa Construcciones Alea, S.L.

Niveis

Categorías

Soldo base

mensual

Complemento

de asistencia

Total mes

Pagas extras

Vacacións

Horas extras

XulloNadal

IITítulo superior110.34525.719136.064131.421131.421131.4211.150

IIITítulo medio

Xefe de 1ª Adm.

109.85625.238135.094131.032131.032131.0321.150

IVAxte. de obra

Encargado xeral

Xefe de persoal

109.33124.690134.021130.605130.605130.6051.150

VDelineante superior

Xefe administrativo

108.82824.306133.134130.217130.217130.2171.150

VIDelineante primeira

Topógrafo

Encargado de obra

Oficial 1ª Adm.

108.30023.679131.979129.803129.803129.8031.150

VIIOficial 2ª Adm.

Delineante de 2ª

Capataces

Topógrafo Práct. 2ª

106.34321.749128.092128.260128.260128.2601.095

VIIIAux. administrativo

Oficial 1ª oficio

104.87620.615125.491125.915125.915125.9151.051

IXOficial 2ª oficio103.37119.110122.481124.758124.758124.7581.020

XSerenos

Almaceneiro

101.86017.295119.155124.697124.697124.697961

XIPeóns especializados100.34816.131116.479120.932120.932120.932932

XIIPeóns ordinarios98.77914.600113.379119.703119.703119.703886

XIIITraballadores de 17 anos58.06214.98473.04665.39765.39765.397

Axuda de custo: 3.400 ptas.Media-axuda de custo: 1.400 ptas.Desgaste de ferramentas: 36 ptas., para niveles VIII e IX.