Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

CONVOCATORIA e bases do XIV Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos.

1. O obxetivo principal da presente convocatoria é fomentar e impulsa-la arte do grabado, entendida desde unha perspectiva actual como un xénero interactivo e aberto ás distintas linguaxes: fotografía, escultura, pintura, impresión de offset, instalacións, etc.; así mesmo, como nun sentido tradicional a súa intención última é a consolidación dos fondos gráficos do Centro Torrente Ballester da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, para que se convirta nun espello do que significa ser gravador hoxe en día.

2. Poderán concorrer a este certame tódolos artistas de calquera nacionalidade que así o desexen.

3. A dotación económica dos premios ascende na súa totalidade á cantidade de 1.750.000 pesetas.

Primeiro premio: 1.000.000 de pesetas (impostos incluídos).

Segundo premio: 500.000 pesetas (impostos incluídos).

Terceiro premio: 250.000 pesetas (impostos incluídos).

4. Cada artista poderá presentar unha estampación asinada polo autor e realizada con posterioridade ó ano 1998.

5. O certame está aberto a tódalas técnicas gráficas reproducibles, así como a todas aquelas linguaxes, soportes ou variantes gráficas que o autor considere conveniente, incluída a tridimensionalidade.

6. As obras virán acompañadas dunha ficha técnica debidamente cuberta.

Nome do artista. Domicilio, número de teléfono e fax. Prezo de venda. Técnica utilizada. Ano de realización. fotografía ou diapositiva da obra. Currículum vitae.

7. Toda a documentación, conxuntamente coa obra, se enviará a portes pagos ó seguinte enderezo:

Apartado de correos nº 2.

XIV Premio de Grabado Máximo Ramos.

R/ Hospital, s/n.

15402 Ferrol.

A Coruña.

España.

8. O prazo de admisión será o comprendido entre a data da súa publicación no DOG e o 10 de xullo de 2000.

9. Da totalidade das obras recibidas o xurado fará unha selección para concorrer ós premios, como serán a opción de compra por parte do concello, participar na mostra e figura no catálogo.

10. As obras seleccionadas exporanse no Centro Torrente Ballester.

11. O Xurado está facultado para concede-los premios, así como para declarar desertos calquera deles.

As decisións do xurado será inapelables.

12. Ó remate da mostra, tanto as obras seleccionadas como as non seleccionadas polo xurado serán devoltas ós seus autores a portes debidos a través do sistema que decida o comité organizador.

13. As obras remitidas polo Concello de Ferrol que non cheguen ó seu destino, extravíen ou sexan devoltas ó concello por causas alleas á nosa vontade, permanecerán depositadas no Centro Torrente Ballester durante un período de catro meses, pasando a engrosa-lo patrimonio do Concello de Ferrol de non seren reclamadas polos seus autores.

14. Tódalas obras premiadas quedarán en propiedade do Concello de Ferrol, Cultura, Centro Torrente Ballester.

15. O gañador do primeiro premio, dotado con 1.000.000 de pesetas estará obrigado a entregar, segundo o tipo de obra, o orixinal ou a prancha correspondente ó traballo presentado, así como 3 exemplares numerados e asinados.

16. Non poderán concorrer ó premio os gañadores de certames anteriores.

17. O xurado estará formado polo presidente, que será o alcalde ou concelleiro en quen delegue, ademais dun secretario, que actuará con voz pero sen voto, así como cinco vocais de recoñecido prestixio no campo das belas artes.

18. A decisión do xurado darase a coñecer inmediatamente, ó remata-lo dictame do xurado correspondente.

19. O Concello de Ferrol porá o máximo celo no coidado de tódalas obras, pero non responderá dos desperfectos, roubos ou extravíos que puidesen derivarse do seu transporte.

20. As decisións do xurado serán inapelables. O alcalde do Concello de Ferrol queda facultado para a adaptación destas bases ás necesidades de organización, sen que en ningún caso tales adaptacións poidan supoñer unha modificación substancial.

21. A presentación das obras a concurso implica a total aceptación das presentes bases polos artistas participantes.

Pazo Municipal, 17 de abril de 2000.

O alcalde

Rubricado