Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día trinta e un de marzo do ano que corre, adoptou acordo de toma en consideración do avance do Plan xeral de ordenación municipal de Viveiro, redactado por Cerne Ingeniería, S.A.

Ó abeiro do disposto no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública por período de dous meses, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; dentro do devandito prazo, os particulares e entidades poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes.

O que se fai público para xeral coñecementos e efectos.

Viveiro, 25 de abril de 2000.

César Aja Mariño

Alcalde