Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa con procedemento aberto.

Obxecto: reforma da instalación eléctrica do I.H. Puga Ramón (T.M A Coruña).

Orzamento: 2.513.210 de pesetas, (15.104,70 euros).

Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de execución: un mes.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Clasificación: non se esixe.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 6 de xuño de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervia

Secretario da Deputación Provincial da Coruña