Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.609

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (506/1999).

En Santiago de Compostela, 2 de maio de 2000.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 506/1999, seguida por unha falta de lesións, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, Alfonso Jaime Pérez Paz, con domicilio no lugar de Monte de Conxo nº 42, baixo, de Santiago de Compostela, denunciante e, como denunciado, Raimundo Rey Camino, con domicilio na rúa dos Camallóns, nº 22, de Santiago de Compostela, pronunciou a seguinte sentencia:

Antecedentes de feito.

Único.-O Ministerio Fiscal, no acto de xuízo oral, non formulou acusación por falta de probas.

Feitos probados.

Único.-Alfonso Jaime Pérez Paz, o día 15 de maio de 1999, formulou denuncia contra Raimundo Rey Camino, na que o acusa de agresión, feitos que non quedaron acreditados no acto de xuízo de faltas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Segundo doutrina sentada polo Tribunal Constitucional (St. 18-4-1985), no sistema penal español rexe o principio acusatorio conforme o cal a facultade de xulgar depende de que algunha das partes procesuais, xa sexa o Ministerio Fiscal ou o acusador particular, exerzan a acción penal, pois só neste caso poderá o xuíz dictar sentencia condenatoria, quedando en caso de falta de acusación vinculado por este e compelido a dictar sentencia absolutoria.

En consecuencia, aplicando o disposto ó presente caso, ó non interporen acusación (en trámite de conclusións), ningunha das partes, sen que, vistas as circunstancias do caso proceda facer uso da facultade establecida no artigo 644 da L.A. criminal, nin por analoxía do previsto no artigo 733 do mesmo corpo penal, procede dictar sentencia absolutoria.

Segundo.-As custas deben ser declaradas de oficio, conforme os artigos 123 do Código Penal, e 239 e 240 da L.A. criminal.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, decido:

Debo absolver e absolvo a Raimundo Rey Camino, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña-Sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Foi dada, lida e publicada a anterior sentencia polo mesmo xuíz que a dictou, en audiencia pública en Santiago de Compostela o 2 de maio de 2000, do que eu, o secretario, dou fe.

A maxistrada-xuíza

Rubricado