Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de maio de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01169-O-1999 e cinco máis).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 15 de maio de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-01169-O-1999

M-7202-VZ

G.C. de Tráfico

Cristo de la Canal, C.B.

Brasil, 2

Ribeira (A Coruña)

Circular transportando mercadoría, carnada para pesca e sal, cun peso de 2.960 kg, exceso 965 kg un 48%. Servicio privado pesado en báscula do porto de Marín, ticket nº 3.

30-4-1999; 18.15.01; A-9; 128.

Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.125.000 ptas.
PO-02065-O-1999

PO-9182-AP

G.C. de Tráfico

Joaquín Abreu Costas

Ánimas, 10

Vigo (Pontevedra)

Transportar 24.780 kg de soia, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio público. Arrastra semirremolque matrícula PO-00306-R da titularidade de Cesáreo Rey López. Carece de distintivos.

7-9-1999; 20.40; N-525; 312.500.

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.250.000 ptas.

Precintado do vehículo

PO-02379-O-1999

M-0842-JL

G.C. de Tráfico

Allelo

Rúa Alta, 24

36002 Pontevedra

Circular transportando artículos para venda en mercado (paraugas e outros útiles, non acreditando mediante documento ningún estar en posesión da tarxeta de transportes. Servicio privado.

25-9-1999; 7.29; C-550; 202.700.

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.50.000 ptas.

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-02482-O-1999

O-6750-Y

G.C. de Tráfico

Rogelio Pereira de los Ángeles

Mollabao, s/n

36003 Pontevedra

Circular transportando cartón, carecendo de autorización para realiza-lo dito servicio. Servicio privado.

12-11-1999; 00.40; N-550; 126

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.50.000 ptas.
PO-02618-O-1999

O-2174-AK

G.C. de Tráfico

Fernando Serantes Núñez

Avda. García, 51-3º C

Cambados (Pontevedra)

Realizar transporte privado de carne troceada de polo e caixas de cartón, cunha tarxeta de transportes caducada. Servicio privado.

15-11-1999; 10.10; C-550; 33.

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.50.000 ptas.
PO-02736-O-1999

PO-6509-BJ

G.C. de Tráfico

Rubén Garrido Trigo

Travesía de Vigo, 148

36206 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando peixe carecendo de autorización. Porta distintivos mercadoría lixeira pública nacional. Servicio público.

5-10-1999; 9.20; A-9; 137.500.

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30) artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990. Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.100.000 ptas.