Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 4 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifican as citacións para comparecencia no EVO de Pontevedra e Vigo respectivamente, sobre pensións non contributivas da Seguridade Social relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, trala devolución polo servicio de correos das citacións para comparecer no equipo de valoración de Pontevedra e de Vigo, en relación coas solicitudes de pensión non contributiva de invalidez, dos relacionados no anexo.

Prócedese polo presente edicto a unha nova citación de comparecencia no EVO de Pontevedra (rúa da Cruz Vermella, nº 9 baixo) e de Vigo (rúa Conde de Torrecedeira, 99 baixo), dentro dos cinco días seguintes ó da súa publicación no DOG. De non comparecer a esta citación, procederase á paralización do expediente e transcorridos tres meses, producirase a súa caducidade con arquivo das actuacións practicadas de conformidade co establecido no artigo 92 la Lei 30/1992, do 26 de novembro, do RXAP e PAC.

Pontevedra, 4 de maio de 2000.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: María Jesusa Rivas Ramos.

DNI: 35.429.401.

Deberá presentarse na sección de cualificación e valoración de minusválidos do Centro Base de Pontevedra, na rúa Cruz Vermella nº 9 baixo, ó obxecto de que sexan practicadas as probas e exploracións

necesarias para a valoración e cualificación da minusvalidez, que, se é o caso, puidera afectarlle. Rogámoslle, que acuda provisto do seu DNI, e se dispón dalgún informe médico, psicolóxico, radiografías, análises recentes ou calquera outra proba, tamén deberá achegalas consigo.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pensionista: Miguel Eiras Canto.

DNI: 35.430.184.

Deberá presentarse na sección de cualificación e valoración de minusválidos do Centro Base de Pontevedra, na rúa Cruz Vermella nº 9 baixo, co obxecto de que sexan practicadas as probas e exploracións necesarias para a valoración e cualificación da minusvalidez, que, se é o caso, puidera afectarlle. Rogámoslle que acuda provisto do seu DNI, e se dispón dalgún informe médico, psicolóxico, radiografías, análises recentes ou calquera outra proba, tamén, deberá achegalas consigo.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pensionista: Rosa Groba Gándara.

DNI: 34.869.257.

Deberá presentarse na sección de cualificación e valoración de minusválidos do Centro Base de Pontevedra, na rúa Cruz Vermella nº 9 baixo, co obxecto de que sexan practicadas as probas e exploracións necesarias para a valoración e cualificación da minusvalidez, que, se é o caso, puidera afectarlle. Rogámoslle que acuda provisto do seu DNI, e se dispón dalgún infome médico, psicolóxico, radiografías, análeses recentes ou calquera outra proba, tamén, deberá achegalas consigo.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.