Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 5 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución desestimatoria do recurso interposto contra a resolución relativa ás prestacións económicas da LISMI relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre os subsidios para a integración dos minusválidos da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó ser imposible comunicar ó citado no anexo a resolución desestimatoria do recurso interposto contra a resolución desta delegación provincial, relativa á extinción do dereito ás prestacións económicas da LISMI e á reclamación das cantidades indebidamen

te percibidas, procédese polo presente edicto para a súa publicación no DOG.

Contra esta resolución, que pon fín á vía administrativa, podería interpoñer potestivamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG desta resolución. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación no DOG desta resolución.

Pontevedra, 5 de maio de 2000.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Visto o recurso ordinario interposto por José Valentín Couselo Novoa, con DNI nº 35.229.986, veciño de Pontevedra, con enderezo para efectos de notificacións en Marcón-Ría de Abaixo, nº 37, contra a resolución relativa á extinción do dereito ás prestacións económicas derivadas da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos e á reclamación das prestacións indebidamente percibidas, con base nos seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 5 de xuño de 1998, dicta resolución a delegación provincial desta consellería en Pontevedra, notificándolle ó interesado e pola que se acorda a extinción do dereito ó subsidio de garantía de ingresos mínimos por canto figura de alta no réxime especial de autónomos da Seguridade Social, por desenvolver unha actividade laboral (artigo 2.1º.b do Real decreto 383/1984); así mesmo reclámanselle 673.245 ptas., indebidamente percibidas durante o período entre o 1-6-1996 a 30-4-1998 (artigo 41 do Real decreto 383/1984).

Segundo.-Contra a anterior resolución ó interesado, en tempo e forma oportunos, interpuxo recurso ordinario, no que manifesta as alegacións de feito e dereito que se reflicten no escrito unido ó expediente e remata por suplicar que se revogue e se deixe sen efecto a resolución impugnada.

Ós anteriores feitos, sonlle de aplicación os seguintes fundamentos de dereito:

1. De conformidade co previsto no Real decreto 285/1985, do 23 de xaneiro (BOE do 6 de marzo de 1985), e no Decreto 48/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 33, do 18), esta consellería é competente para a resolución do presente recurso.

2. O artigo 2.1º.b do Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro, polo que se establece e regula o sistema especial de prestacións sociais e económicas previsto na Lei 13/1982 (BOE nº 49, do 27 de febreiro de 1984), en concordancia co artigo 21.1º deste regu

lamento, establece que serán beneficiarios do subsidio de garantía de ingresos mínimos, as persoas que non estean comprendidas no campo de aplicación do sistema da Seguridade Social, por non desenvolver unha actividade laboral.

Dos datos e informes que constan no expediente, despréndese que a José Valentín Couselo Novoa se lle concedeu o dereito a percibir asistencia sanitaria e farmacéutica e o subsidio de garantía de ingresos mínimos desde o 1 de novembro de 1988 reunindo, nese momento, tódolos requisitos establecidos pola lexislación vixente, posteriormente, de acordo cun proceso de revisión das prestacións mencionadas descóbrese que o interesado desde o 6 de maio de 1996 figura de alta no sistema da Seguridade Social desenvolvendo unha actividade laboral, deixando de reuni-los requisitos esixidos pola lexislación vixente para poder ter dereito ó subsidio referido, e ó mesmo tempo, reclámanselle 673.245 ptas. correspondentes ó período 1 de xuño de 1996 ata o 30 de abril de 1998 percibidas indebidamente, de acordo co establecido no artigo 2.1º.b. do Real decreto 383/1984, que establece como requisito non estar comprendido no campo da aplicación do sistema da Seguridade Social, por non desenvolver unha

actividade laboral e o artigo 41 do mesmo texto legal, que establece que os que percibisen prestacións técnicas ou subsidios indebidamente, ou en contía indebida, virán obrigados a reintegra-lo seu importe, sen prexuízo das demais responsabilidades a que houbera lugar.

3. De acordo co establecido nos artigos 2.1º.b., 29, 40 e 41 do Real decreto 383/1984, procede a extinción do dereito á percepción do mencionado subsidio por perda sobrevida das condicións xerais esixidas para o seu recoñecemento, co subseguinte deber por parte do recorrente de reintegra-las contías indebidamente percibidas, incumprindo o interesado a obriga sinalada no artigo 30 do mencionado regulamento de comunicar, no prazo de quince días desde que se produzan, as modificacións sobrevidas na súa situación que puideran ter repercusións en relación co dereito ás prestacións ou co contido delas.

Na súa virtude, esta consellería

RESOLVE:

Desestima-lo recurso ordinario interposto por José Valentín Couselo Novoa, confirmando a resolución da delegación provincial desta consellería en Pontevedra, de data 5 de xuño de 1998, pola que se acorda a extinción do dereito á percepción do subsidio de garantía de ingresos mínimos e a reclamación de 673.245 ptas. (seiscentas setenta e tres mil duascentas corenta e cinco pesetas), indebidamente percibidas durante o período comprendido entre o 1-6-1996 ó 30-4-1998.

Contra a presente resolución, que pon fín á vía administrativa, podería interpoñer potestivamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. De non

estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.