Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 5 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifican as peticións de documentación sobre pensión non contributiva da Seguridade Social relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, trala devolución polo servicio de correos das notificacións sobre peticións de documentación enviadas no seu día, notifícaselles ós citados no anexo, a reiteración da petición de documentación dictada en relación cos seus correspondentes expedientes de pensión non contributiva.

Procédese, polo presente edicto, a reitera-la petición de documentación. De non achegaren esta documentación no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, orixinarase a paralización do expediente, e transcorridos tres meses, producirase a súa caducidade, con arquivo das actuacións practicadas, de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 5 de maio de 2000.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: David Requejo Fernández.

DNI: 76.816.167.

Documentación requirida: revisión médica actual e tratamento na actualidade.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pensionista: María Teresa Santomé Seco.

DNI: 35.290.698.

Documentación requirida: informe médico traumatolóxico (Sergas).

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común.

Pensionista: Beatriz Abilleira Ucha.

DNI: 35.307.611.

Documentación requirida: informe médico cardiolóxico.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común.

Pensionista: Fermín Domínguez Fernández.

DNI: 35.766.132.

Documentación requirida: informe médico e psiquiátrico.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común.