Por resolución desta Alcaldía do 12-6-2000 acordouse aprobar inicialmente a reforma do proxecto de compensación da unidade de execución U.E.I-3 de Samoedo, presentado por Arievan, S.L. e redactado polo arquitecto José Manuel Arias Illanes.
O expediente exponse ó público na secretaría do concello polo prazo de vinte días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.
Sada, 12 de xuño de 2000.
Ramón Rodríguez Ares
Alcalde