Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: execución das obras de substitución da rede de saneamento na rúa Betanzos de acordo co proxecto técnico integrado polos documentos enumerados no artigo 124 da Lei de contratos das administracións públicas (LCAP), incluído o correspondente estudio de seguridade social ou estudio básico de seguridade e saúde, ó abeiro previsto no artigo 4 do Decreto 1627/7.

Tipo de licitación: 17.456.060 ptas. (104.913 euros), IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 4 meses contados a partir do día seguinte ó a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14 horas, dentro do prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova, r/ Nova, nº 12, local 4. Teléfono 981 59 23 93. Santiago de Compostela.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de condicións.

Garantías: provisional 2% do orzamento de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello de Santiago de Compostela (secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposicións:

Don/Dona... veciño/a... núm..., e DNI núm... en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, toma parte en nome propio (ou en representación de...) na licitación do contrato de:..., e xa que logo fai contar:

a) Ofrece o prezo de... (en letras e números)... ptas. o que supón unha baixa de... (en letras e números)... ptas., con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñece e acepta tódalas claúsulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Que acompaña toda a documentación esixida no prego de condicións.

Santiago de Compostela..., o... de... de 2000.

O/a licitador/a

(Asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2000.

O alcalde

Rubricado