Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de xuño de 2000, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia.

O Pleno do Consello Consultivo de Galicia na súa reunión do día vinteún de febreiro de dous mil acordou modifica-la súa relación de postos de traballo publicada no Diario Oficial de Galicia nº 147, do 31 de xullo de 1998.

En consecuencia, por proposta do dito consello, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do sete de xuño de dous mil, adoptou o seguinte,

ACORDO:

1º Aproba-la modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2º Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do sete de xuño de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Consello Consultivo de Galicia

Na vixente relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, publicada no DOG nº 147, do 31 de xullo de 1998 prodúcense as seguintes modificacións:

Creacións:

Persoal funcionario.

* Na páxina 8.860 engádese o seguinte posto de traballo de nova creación:

Código do posto: 033.

Denominación: xefe/a Negociado Habilitación.

Vacante: sí.

Nivel: 20.

Complemento específico: 625.584.

Tipo de puesto: S.

Forma de provisión: LD.

Grupo: BCD.

Tipo Admón.: xeral.

Persoal laboral.

* Na páxina 8.861 engádese o seguinte posto de traballo de nova creación:

Código do posto: 020.

Denominación: titulado de grao medio.

Vacante: sí.

Forma de provisión: C.

Grupo: II.

Categoría: 7.

Titulación académica: 3999.

Formación específica: 143.

Novo código de formación específica:

143. Experiencia en técnicas de documentación (R.I.).