Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.360

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2000 pola que se aproba a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de prazas de auxiliares de servicios.

Por resolución do rectorado da Universidade de Vigo do 25 de febreiro de 2000 (DOG do 23 de marzo), covocáronse probas selectivas para a provisión de prazas de auxiliares de servicios, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Por Resolución do 12 de maio de 2000 (DOG do 6 de xuño), fíxose pública a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de prazas de auxiliares de servicios, convocadas por Resolución do 25 de febreiro de 2000.

Rematado o prazo de emenda dos motivos de exclusión ou omisión establecido na base 4 da convocatoria, e feitas as rectificacións oportunas.

Este rectorado resolveu:

Primeiro.-Aprobar e facer pública a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás citadas probas tanto polo sistema de promoción interna como polo acceso libre. A dita relación figura exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Oporto, nº 1, Vigo) e nos rexistros dos campus de Ourense (unidade administrativa central do campus), Pontevedra (EUET Forestal) e Campus As Lagoas-Vigo (CACTI).

Segundo.-Convoca-los aspirantes admitidos para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 22 de xullo de 2000, ás once horas, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Campus As Lagoas, Marcosende, Vigo).

Os aspirantes deberán ir provistos do documento nacional de identidade para a súa debida identificación, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Terceiro.-Establecer un prazo de tres días hábiles a partir do seguinte ó da realización deste exercicio para reclama-lo seu cuestionario.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así e todo, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación , ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso, non caberá interpo-lo recurso antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 20 de xuño de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo