Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.360

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO de notificación (283/1999-M).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas referenciado se dictou sentencia, cun encabezamento e decisión que din:

«Sentencia número 32/2000. En Carballo, 28 de marzo de 2000.

Javier Fraga Mandián, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos deste partido, viu estes autos de xuízo de faltas número 283/1999, seguidos por falta de orde pública, con intervención do ministerio Fiscal en representación da acción pública e, como partes: policía local nº 119222, Francisco Javier González Quintana e Álvaro Ramírez Montoya.

Decido que debo condenar e condeno a Álvaro Ramírez Montoya, como autor dunha falta de realización de actividade carecendo de seguro obrigatorio, prevista e penada no artigo 636 do Código penal, a unha multa dun mes a razón de 200 ptas./día, con responsabilidade persoal subsidiaria do artigo 53 do Código penal, todo isto con expresa imposición de custas procesuais.

Esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste para os efectos oportunos e lle sirva de notificación en legal forma a Álvaro Ramírez Montoya, que está actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto, que asino en Carballo o oito de xuño de dous mil.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado