Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A. (expediente DP-15/1998).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas 15/1998, seguidas en virtude de denuncia formulada por Domingo Quiroga Tallo, contra a promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A., finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas na vivenda 6º E da rúa Angelo Colocci, 32 de Lugo.

As obras de reparación por realizar son as necesarias para emenda-las deficiencias observadas, consistentes en condensación en dormitorios e salón.

Para tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión de proxecto e orzamento a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non-realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 8 de xuño de 2000.

Antonio Boné Piña

Delegado provincial de Lugo