Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución do expediente sancionador 1/2000, a Cruceiro, S.A.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 1/2000, seguido en virtude de denuncia formulada por Jesús Escarda Fernández, contra a promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A., finalizando este trámite con proposta de resolución de expediente sancionador por non realiza-las obras necesarias para emenda-las deficiencias denunciadas.

O citado acordo é do seguinte teor:

Proposta de resolución de expediente sancionador 1/2000.

Vista a denuncia presentada por Jesús Escarda Fernández da vivenda 5º B da rúa Angelo Colocci, 32 desta cidade de Lugo, e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 17 de marzo de 1998, Jesús Escarda Fernández formula denuncia ante esta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción na vivenda 5º B do inmoble citado.

Segundo.-Consecuente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 17/1998, que finalizaron con requirimiento á promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A. para que efectuase as reparacións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para a remisión do proxecto e de 30 días para a súa execución.

O requirimento foi notificado a través do Diario Oficial de Galicia, con data do 8 de novembro de 1999, ó encontrarse a empresa en cuestión ausente do domicilio social.

Feito probado.

Único.-Determínase así, como feito probado, ó no ter constancia nesta delegación da realización das obras de reparación requiridas, que a promotora Cruceiro, S.A. incumpriu a obriga de emenda-las deficiencias observadas.

Fundamento de dereito.

1. É competente para a resolución deste expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potes

tade sancionadora, R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. Segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados desde a notificación desta proposta, para achega-los documentos ou as informacións que coiden convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o recollido nos artigos 28 e 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, este instructor propón:

1. Impoñerlle a Cruceiro, S.A. unha sanción de 500.001 pesetas de multa.

2. Que conforme o disposto no número 2, do artigo 8, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, sen prexuízo da sanción imposta, deberá realiza-las obras de reparación para as que foi requirida a súa execución por este organismo na tramitación do expediente sancionador.

Notifíqueselles esta proposta ós interesados con indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderán presentar alegacións no prazo de 15 días, ó termo dos cales a Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo dictará a resolución que corresponda.

Lugo, 8 de xuño de 2000.

Antonio Boné Piña

Delegado provincial de Lugo