Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 10.951

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 30 de xuño de 2000 pola que se actualizan as aplicacións orzamentarias comprendidas na Orde do 14 de xuño de 1999, para a expedición de pagamentos para xustificar.

Como consecuencia de cambios producidos na denominación de certos programas de gastos establecidos na Lei 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2000 e da xeración de crédito por contribución da Unión Europea, producíronse variacións na clasificación económica do orzamento de gastos que afecta a algunha das aplicacións orzamentarias comprendidas na Orde do 14 de xuño de 1999, que autoriza a emitir ordes de pagamento para xustificar con cargo ás devanditas aplicacións.

Polo exposto e co obxecto de actualiza-las aplicacións orzamentarias incluídas no anexo da citada orde,

DISPOÑO:

Artigo único.-Como anexo a esta orde relaciónanse novas aplicacións orzamentarias con cargo ás que se poderán emitir ordes de pagamento para xustificar, así como aqueloutras que se suprimen, comprendidas na Orde do 14 de xuño de 1999.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2000.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

Aplicacións orzamentarias que se suprimenNovas aplicacións que se autorizan

ConselleríaAplicación orzamentariaConselleríaAplicación orzamentaria

Educación e Ordenación Universitaria07.353F.640.1Educación e Ordenación Universitaria07.353E.640.1
07.353F.640.207.353E.640.2

Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria09.712A.640.1

Cultura, Comunicación Social e Turismo10.353C.628.1

10.357B.640.1

10.432A.640

Cultura, Comunicación Social e Turismo10.352A.640.2

10.353A.640

10.354A.640

10.356A.640

10.357A.640

10.353B.628.1

14.241A.640.0

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude