A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número un da Coruña, providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 134/2000-3, interposto por Gerardo Álvarez Reza e Pastora Vázquez Vázquez contra a Orde do 1 de decembro de 1999, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia (DOG nº 235, do 7 de decembro).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento
de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública

