Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 10.953

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo de procedemento abreviado 97/2000, interposto por María José Chenlo Barreiro.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número dous da Coruña, providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo de procedemento abreviado 97/2000, interposto por María José Chenlo Barreiro, contra a Resolución do 7 de abril de 2000, pola que se elevan a definitivas as relacións de admitidos e excluídos no concurso 5/1999, convocado pola Orde do 1 de decembro de 1999 (DOG nº 70, do 10 de abril de 2000).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública