Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 10.954

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 187/2000, do 22 de xuño, polo que se acorda a mutación demanial parcial do predio onde se sitúa a Estación da Inspección Técnica de Vehículos de Pontevedra.

Mediante Real decreto 2445/1984, do 19 de decembro, sobre valoración definitiva, ampliación de medios adscritos ós servicios traspasados e a adaptación dos transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas, traspasouse a Estación da Inspección Técnica de Vehículos en Ponte Bora (Pontevedra). O dito inmoble está adscrito na actualidade á Consellería de Industria e Comercio.

Con data do 14 de abril de 2000, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda solicitou a tramitación da mutación demanial de parte do predio adscrito á Consellería de Industria e Comercio, e sita no recinto da Estación da Inspección Técnica de Vehículos de Pontevedra, de 6 m, afectada pola obra da conexión da estrada PO-242 coa CN-541, treito: Bora/CN-541 (Clave: N/PO/95.9).

Con data do 19 de maio de 2000, a Consellería de Industria e Comercio manifestou a súa conformidade para que a dita mutación demanial se leve a cabo.

Ó abeiro do artigo 12 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xuño de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Acórdase a mutación de destino dunha superficie de 6 m, delimitada no plano incorporado ó expediente e que forma parte do predio adscrito á Consellería de Industria e Comercio, no que se sitúa a Estación da Inspección Técnica de Vehículos de Pontevedra, que se atopa afectada pola obra da conexión da estrada PO-242 coa CN-541, treito: Bora/CN-541 (Clave: N/PO/95.9).

2. A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para dar efectividade ó disposto no presente decreto.

Santiago de Compostela, vintedous de xuño de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda