A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu número tres establece que o Consello da Xunta de Galicia, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
Os concellos das Somozas, Valdoviño, Abadín, O Corgo, A Pastoriza, Trabada, Baltar, Baños de Molgas, Porqueira e Riós, solicitaron a cesión do uso dos inmobles sitos nos seus respectivos termos municipais e que pertenceron ás extintas cámaras agrarias locais, para destina-los a actividades de interese agrario.
Mediante os decretos 328/1996, do 26 de xullo (DOG nº 157, do 12 de agosto), 99/1999, do 8 de abril (DOG nº 75, do 21 de abril), e 55/2000, do 3 de marzo (DOG nº 72, do 12 de abril), desafectáronse do dominio público, entre outros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais das Somozas, Valdoviño, Abadín, O Corgo, A Pastoriza, Trabada, Baltar, Baños de Molgas, Porqueira e Riós.
Pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 14 de abril de 2000 (DOG nº 91, do 12 de maio) declarouse a alleabilidade dos anteditos inmobles.
A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da mencionada consellería, tramitou o expediente de cesión do uso de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Por todo o exposto, e tendo en conta o informe favorable da, no seu día, Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, e de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintedous de xuño de dous mil,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Acórdanse as cesións a título gratuíto que a continuación se relacionan:
1. A favor do Concello das Somozas do dereito de uso dun edificio de planta baixa, que ocupa 119 m do soar de forma rectangular sobre o que se asenta, de 300 m de superficie, ó que lle chaman Campo da Feira, no lugar de Garita, parroquia e municipio das Somozas (A Coruña). Estrema: norte, leste e oeste, co predio matriz das vendedoras irmás Sueiras Pita; e sur, estrada das Somozas a Seixas.
Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 717, libro 39, folio 120, predio nº 4.060, inscrición 3ª.
2. A favor do Concello de Valdoviño do dereito de uso dun edificio de planta baixa de 146 m e almacén anexo de 48 m que está situado no lugar de Poulo, parroquia e municipio de Valdoviño (A Coruña), que se asenta sobre un soar ó que lle chaman Tras da Boca do Carral, de 1.379,5 m de superficie. Estrema: norte, herdeiros de Josefa de la Peña e Díez Robles; sur, predio matriz da que se segrega; leste, por onde mide 14,7 m con camiño de carro; e oeste, nunha liña de 21 m estrada de Cedeira a Ferrol.
Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 731, libro 96, folio 101, predio nº 10.250, inscrición 3ª.
3. A favor do Concello de Abadín do dereito de uso dun edificio de planta baixa e alta que ten unha
superficie total contruída de 235 m, que ocupa 118 m do soar sobre o que se asenta que ten un total de 180 m, situado na Avda. do Xeneralísimo, nº 19, hoxe nº 39, termo municipal de Abadín (Lugo), linda: dereita entrando e fondo, Dictino Ares Ares; esquerda, Fidel Vidal Requeijo; e fronte, coa Avda. do Xeneralísimo.
Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 671, libro 41, folio 3, predio nº 6.410, inscrición 1ª.
4. A favor do Concello do Corgo do dereito de uso dun edificio de soto, planta baixa e alta, que ten unha superficie total construída de 358 m, encravado nun soar dunha extensión total agrupada de 1.628 m, aproximadamente, na parroquia do Corgo, estrada nacional VI, s/n, termo municipal do Corgo (Lugo). Estrema o conxunto: norte ou fronte, liña de 25 m coa estrada nacional VI; sur, liña de 44 m aproximadamente, con predio orixinario dos señores de Neira; leste, liña formada pola suma de 12 m e 44 m, é dicir 56 m, co camiño público que vai á igrexa do Corgo; e oeste, liña de 12 m aproximadamente limítrofe co predio de José López Fernández, e resto de arredor de 39 m que lindan con parcela dos señores de Neira.
Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo no tomo 1.041, libro 106, folio 123, predio nº 11.071, inscrición 1ª.
5. A favor do Concello da Pastoriza do dereito de uso dun edificio de planta baixa e alta, que ten unha superficie 106 m por andar, asentado sobre o predio nº 2-42-a da zona de concentración parcelaria da Pastoriza, de 170 m de superficie, no sitio de Agra da Olga, parroquia e municipio da Pastoriza (Lugo), que linda: norte, estrada; sur e oeste, Virtudes Seijo; e leste, camiño.
Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 678, libro 116, folio 225, predio nº 10.096, inscrición 2ª.
6. A favor do Concello de Trabada do dereito de uso dun edificio que ocupa os 120 m de superficie do seu soar, destinado a almacén e oficinas que consta de planta baixa e un piso, e que ten unha superficie total construída de 245 m. Está situado na rúa das Escolas, nº 10, do municipio e vila de Trabada (Lugo). Linda: norte e oeste, con máis do doador ou resto do predio matriz, hoxe José Rocha Gasalla; sur, escolas e terreos do concello; e leste, rúa das Escolas ou estrada de Trabada a Vilapena.
Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo no tomo 670, libro 109, folio 151, predio nº 9.666, inscrición 2ª.
7. A favor do Concello de Baltar do dereito de uso dun edificio de planta baixa dunha superficie de 149 m útiles, que se asenta sobre un predio situado no lugar denominado Campo da Pomela, que ten unha extensión de 200 m, termo municipal de
Baltar (Ourense), linda: norte, estrada estatal; sur, camiño de Baltar a Canella da Moa; leste e oeste, predio do que se segrega.
Inscrito no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia no tomo 657, libro 63, folio 29, predio nº 7.213, inscrición 2ª.
8. A favor do Concello de Baños de Molgas do dereito de uso dun edificio que consta de dúas plantas, baixo e primeiro andar, que ten unha superficie construída de 172 m, está situado no lugar de Panacea, rúa Samuel González Movilla, s/n, termo municipal de Baños de Molgas (Ourense), e aséntase sobre un soar cunha extensión aproximada de 144 m ocupando parte del. Estrema: norte, José Filgueira Fernández; sur, María Segunda Vences; leste, José Filgueira Fernández; e oeste, estrada de Allariz a Maceda.
Inscrito no Rexistro da Propiedade de Allariz no tomo 272, libro 43, folio 224, predio nº 5.987, inscrición 2ª.
9. A favor do Concello de Porqueira do dereito de uso dun predio de 354 m, ó que lle chaman Merestal, sobre o que se atopa construído un edificio de planta baixa que ocupa 80 m do seu soar, situado no termo municipal de Porqueira (Ourense). Estrema: norte, Manuela Blanco e Juan Peaguda; sur, estrada; leste, Fermín Fernández e Antonio Quintas; e oeste, Francisco Rodríguez.
Inscrito no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia no tomo 506, libro 41, folio 168, predio nº 6.312, inscrición 3ª.
10. A favor do Concello de Riós do dereito de uso dun edificio que consta de soto, baixo e primeiro andar, situado na marxe esquerda da estrada de Vilardevós, s/n, termo municipal de Riós (Ourense), que se asenta sobre un predio cunha superficie de 82 m ocupando a totalidade do soar. Estrema: norte, estrada de Vendas a Vilardevós; sur, terreo de dominio público, antigo Campo da Feira; leste, rúa pública; e oeste, Antenor Prieto Pérez.
Inscrito no Rexistro da Propiedade de Verín no tomo 701, libro 98, folio 73, predio nº 15.583, inscrición 1ª.
Artigo 2º
As cesións de uso relacionadas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:
a) O fin da cesión será a dedicación do inmoble a fins e servicios de interese xeral agrario.
b) A cesión do uso outórgase por un período de dez anos, contados desde a sinatura da correspondente escritura pública, prorrogable por períodos sucesivos da mesma duración, se así o acordase expresamente o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda e logo de petición do cesionario con anterioridade ó vencemento do período anterior; queda excluída a tácita reconducción.
c) Se o dereito cedido non se aplicase ó fin sinalado dentro do prazo de dous anos, contado desde o outorgamento da escritura pública, deixase de estalo con posterioridade, se descoidase ou utilizase con grave quebramento, ou se incumprisen calquera das outras cláusulas, considerarase resolta a cesión e o dereito reverterá na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 87 do regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, do Patrimonio da Comunidade Autónoma galega.
d) Serán por conta do cesionario:
-Os gastos de conservación e mantemento do inmoble do que se cede o uso.
-Os gastos polos servicios con que conte o inmoble que se individualicen mediante aparellos contadores.
-As cotas dos tributos que poidan grava-lo inmoble.
e) As obras de adaptación, reparación e mellora do inmoble, que serán por conta da entidade cesionaria, requirirán a presentación do proxecto e a súa aprobación pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda. En todo caso, as expensas investidas quedarán en beneficio do inmoble e, en ningún caso, poderán ser reembolsadas pola Comunidade Autónoma de Galicia, propietaria do inmoble.
f) O cesionario subscribirá unha póliza todo risco, de perdas ou danos materiais, polo importe do valor do inmoble segundo o reflectido no Inventario Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma. E outra póliza de responsabilidade civil que garanta posibles danos a terceiros por un importe mínimo de vintecinco millóns de pesetas. A Comunidade Autónoma de Galicia será a beneficiaria e a asegurada, respectivamente, destas pólizas de aseguramento, que se manterán durante todo o período de cesión, prazo inicial e, se é o caso, prórrogas.
Artigo 3º
As devanditas cesións de uso formalizaranse mediante escritura pública subscrita pola Secretaría Xeral e do Patrimonio ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario; serán por conta deste os custos de formalización.
Disposición derradeira
A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón no presente decreto.
Santiago de Compostela, vintedous de xuño de dous mil.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda

