Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 10.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 10 de xullo de 2000 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes de prazas para residencia de educadores en centros de atención a menores, dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Mediante Orde do 5 de maio de 2000 (DOG nº 100, do 24 de maio), da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, convocáronse 34 prazas para residencia de educadores en prácticas para o curso escolar 2000-2001 nos centros de internado de menores, dependentes desta consellería.

A escaseza de solicitudes presentadas para a cobertura destas prazas, unida ó interese desta fórmula para favorece-los estudiantes con escasos recursos económicos para o seu acceso ó ensino universitario e ós licenciados universitarios que estean realizando estudios de doutoramento, así como para dotar de apoio no eido educativo e asistencial os centros de atención de menores, aconsella amplia-lo prazo de presentación de solicitudes para dar cabida a que tódolos interesados poidan acceder a esta convocatoria.

Consecuentemente con todo o anterior e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Amplíase ata o 31 de xullo de 2000 o prazo de presentación de solicitudes para a cobertura de 34 prazas para residencia de educadores en prácticas para o curso escolar 2000-2001 nos centros de inter

nado de menores, convocadas pola Orde do 5 de maio de 2000 (DOG nº 100, do 24 de maio).

2. Os interesados presentarán a solicitude que figura no anexo I da referida Orde do 5 de maio de 2000 (DOG nº 100, do 24 de maio).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Familia para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude