Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 10 do grupo III (encargado/a de traballos) (lista B), publicada por Resolución do 14 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 123, do 26 de xuño), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
RESOLVE:
Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:
-Incluír a Ricardo Trabadelo López, con DNI nº 45.428.924, no ámbito xeográfico D0000 no número de orde 4, no ámbito xeográfico D1500 no número de orde 3, no ámbito xeográfico D2700 no número de orde 6, no ámbito xeográfico D3200 no número de orde 3, no ámbito xeográfico D3600 no número de orde 4, en todos eles cunha puntuación de 1,810 puntos.
En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública

