Publicadas a/s resolución/s da Dirección Xeral da Función Pública pola/s que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes á categoría 097 (auxiliar de son), do grupo III (lista B), e unha vez finalizados os prazos previstos nestes e elaboradas as listas definitivas pola Comisión Permanente de Selección de Personal Laboral para cobertura de postos de traballo reservados a personal laboral, na sesión do día 28 de xuño de 2000, a Dirección Xeral da Función Pública
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral da categoría 097 (auxiliar de son) do grupo III (lista B), da forma que a continuación se indica:
Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.
Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.
Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
Terceiro.-A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición das listas da categoría 098 (auxiliar de son), quedarán sen efecto as listas da citada categoría, elaboradas con anterioridade á Resolución do 30 de xuño da Dirección Xeral da Función Pública, tal e como se establece na base 6ª desta.
Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Dierctor xeral da Función Pública

