Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 10.981

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 011 (titulado/a superior/a pedagogo/a), 014 (titulado/a superior/a sociólogo/a), 019 (titulado/a superior/a especialista), 033 (coordinador/a de actividades museísticas), 034 (coordinador/a de departamento de publicacións) do grupo I, á categoría 08 (director/a de gardería infantil), 028 (xefe/a de estudios de centro de tecnificación deportiva) do grupo II e á categoría 053 (técnico/a de restauración cinematográfica) do grupo III (lista B), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo).

Publicada a resolución pola que se fan públicas as listas provisionais, relativas a publicacións das

listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes á categoría 011 (titulado/a superior/a pedagogo/a), 014 (titulado/a superior/a sociólogo), 019 (titulado/a superior/a especialista), 033 (coordinador/a de actividades museísticas), 034 (coordinador/a de departamento de publicacións), do grupo I, á categoría 08 (director/a de gardería infantil), 028 (xefe/a de estudios de centro de tecnificación deportiva) do grupo II e á categoría 053 (técnico/a de restauración cinematográfica) do grupo III (lista B), e unha vez finalizados os prazos previstos nestes e elaboradas as listas definitivas pola Comisión Permanente de Selección de Personal Laboral para cobertura de postos de traballo reservados a personal laboral, na sesión do día 4 de xullo de 2000, a Dirección Xeral da Función Pública,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral das categorías citadas con anterioridade. De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución de 30 de xuño de 1999, a comisión permanente establece o número máximo de aspirantes admitidos na puntuación fixada na/s resolución/s da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais; as ditas listas están expostas da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Anexo III. Figuran os solicitantes que, en aplicación do previsto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 30 de xuño de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, non están admitidos na lista.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Publica da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición das listas das categorías citadas anteriormente sinaladas (lista B), quedarán sen efecto as listas das citadas categorías elaboradas con anterioridade á resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999

(DOG nº 129, do 30 de xuño), tal e como se establece nesta.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Dierctor xeral da Función Pública