Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 10.982

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 030 (programador/a), 050 (técnico/a especialista en xardín de infancia), 091 (técnico/a especialista en informática), do grupo III e á categoría 01 (técnico/a auxiliar en informática), do grupo IV (lista B), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo).

Publicada a resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes á categoría 030 (programador/a), 050 (técnico especialista en xardín de infancia), 091 (técnico/a especialista en informática), do grupo III e á categoría 01 (técnico/a auxiliar en informática), do grupo IV (lista B), e unha vez finalizados os prazos previstos nestes e elaboradas as listas definitivas pola Comisión Permanente de Selección de Personal Laboral para cobertura de postos de traballo reservados a personal laboral, na sesión do 4 de xullo de 2000, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral da categoría 030 (programador/a), 050 (técnico especialista en xardín de infancia), 091 (técnico/a especialista en informática), do grupo III e á categoría 01 (técnico/a auxiliar en informática) do grupo IV (lista B), da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición das listas das categorías citadas anteriormente, quedarán sen efecto as listas das citadas categorías, elaboradas con anterioridade á Resolución do 30 de xuño da Dirección Xeral da Función Pública, tal e como se establece na base 6ª desta.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Dierctor xeral da Función Pública