Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón.
Dou fe e testemuña:
Que no xuízo de faltas nº 113/1998 se dictou a presente sentencia, que no seu emcabezamento e parte dispositiva di:
En Padrón, o vinteuún de xuño de dous mil. María Ángeles Lamas Méndez, xuíza de Instrucción, vendo e oído no xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas 113/1998, seguida por unha falta de lesións contra Jesús Soto Calvo e Juan Antonio Nores Iglesias, sendo parte nela o Ministerio Fiscal e Rosa Alexandra da Costa Arduiño en calidade de denunciante.
Resolvo: que debo absolver e absolvo a Jesús Soto Calvo e Juan Antonio Nores Iglesias con tódolos pronunciamentos legais favorables, con declaración de custas de oficio.
Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos sentidos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días desde a súa notificación.
E para que conste e sirva de sentencia a Rosa Alexandra da Costa Arduiño e Juan Antonio Nores Iglesias, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Padrón o vintedous de xuño de dous mil.
O secretario
Rubricado

