Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela.
Dou fe: que nos presentes autos de xuízo verbal número 825/1999, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancias de Luis Ferro Otero, contra o INSS, o Fondo de Garantía Salarial, e as empresas Placasan, S.L. e Construcciones Ferro Figueiras, S.L., en reclamación de prestación, dictouse, con data nove de xuño
de dous mil, sentencia, cunha resolución do teor literal seguinte.
«Que estimando como estimo a demanda interposta por Luis Ferro Otero contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e as empresas Construcciones Ferro Figueras, S.L. e Placasan, S.L. debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la pensión de xubilación nun 92% da base reguladora mensual de cento doce mil novecentas oitenta e sete pesetas (112.987 ptas.) con efectos económicos desde o 1 de setembro de 1999, e debo condenar e condeno a dita entidade xestora ó pago da pensión de xubilación do actor nun 92% de noventa e catro mil novecentas dezasete pesetas (94.917 ptas.) e ás empresas codemandadas o que resulte de resta-lo 92% da base reguladora de cento doce mil novecentas oitenta e sete pesetas (112.987 ptas.) a suma a que foi condenado o Instituto Nacional da Seguridade Social -aboando o 62% da dita diferencia resultante a empresa Placasan, S.L. e o restante 38% da meritada diferencia a empresa Construcciones Ferro Figueiras, S.L. -iso sen prexuízo das melloras,
incrementos e revalorizacións correspondentes e do anticipo pola dita entidade xestora do total da prestación».
E para que sirva de notificación de sentencia a Construcciones Ferro Figueiras, S.L., con domicilio no Monte dos Postes, 21, Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, e facéndolles saber que contra ela non caberá interpoñer recurso ningún por razón da contía.
E así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela o martes 20 de xuño de 2000.
O secretario xudicial
Rubricado

