En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que
se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación dos seguintes contratos de asistencia técnica:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.
c) Número de expediente: 12/2000 e 13/2000.
2. Obxecto dos contratos.
a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña.
b) División por lotes e números: dous.
* Lote 1: expediente 12/2000: servicio de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís Espiñeira-Boiro e Furelos-Melide (A Coruña).
* Lote 2: expediente 13/2000: servicio de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís Virxe de Loreto-Porto do Son (A Coruña).
c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 72 do 12-4-2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación. Importes totais.
* Lote 1: expediente 12/2000: 1.400 ptas./praza/día, IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 14.721.000 ptas. IVE incluído, en función dun máximo de 10.515 prazas.
* Lote 2: expediente 13/2000: 1.400 ptas./praza/día, IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 12.852.000 ptas. IVE incluído, en función dun máximo de 9.180 prazas.
5. Adxudicación.
a) Data: 26-5-2000.
b) Contratistas:
* Expediente 12/2000: Eurest-Colectividades, S.A.
* Expediente 13/2000: Eurest-Colectividades, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importes:
* Lote 1: expediente 12/2000: 1.400 ptas./praza/día, IVE incluído.
* Lote 2: expediente 13/2000: 1.400 ptas./praza/día, IVE incluído.
A Coruña, 22 de xuño de 2000.
Mª Rosa Gómez Díaz
Delegada provincial da Coruña

