Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 4 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de resolucións de expedientes.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles con carácter de urxencia ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.

Os interesados poderán interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que corresponda, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.

Os correspondentes expedientes están no Servicio de Familia, Infancia e Menores da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Nº expediente: 29/1999.

Interesados: Luis Miguel Amestoy Pintos, Carmen Martínez Franco.

Enderezo: Fonte da Cancela, nº 2, Salcedo-Pontevedra.

Asunto: resolución administrativa.

Vigo, 4 de xullo de 2000

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra