Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2000 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 405/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reparación da cuberta da ETS de enxeñeiros industriais no campus de Vigo. b) Lugar de execución: Vigo. c) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 34.875.880 pesetas, (209.608, 26 euros).

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Enderezo: r/ Areal, 46-anexo-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Telefax: 986 81 38 57. f) data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación esixible: grupo C, subgrupo 7, categoría E.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1º Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2º Domicilio: r/Areal, 46-edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses. e) Admisón de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo-36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 7 de xullo de 2000.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente