Expediente 200/2000.
Obxecto: servicio de repografía no Campus de Ourense (2 lotes).
Canon mínimo de explotación: o importe total anual para cada lote é:
Lote 1, Facultade de dereito económico e empresariais: 492.150 pesetas, 2.957,88 euros.
Lote 2, Campus das Lagoas en Ourense: 621.750 pesetas, 3.736,79 euros.
Expediente 201/2000.
Obxecto: servicio de cafetería de diversos centros da Universidade de Vigo (3 lotes).
Canon fixo de explotación: o importe total anual para cada lote é:
Lote 1, Facultade de ciencias da educación de Pontevedra: 281.250 pesetas, 1.690,35 euros.
Lote 2, Facultade de ciencias sociais de Pontevedra: 241.385 pesetas, 1.450,75 euros.
Lote 3, Facultade de dereito económico e empresariais de Ourense: 479.120 pesetas, 2.879,57 euros.
1. Entidade adxudicadora.
a) Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición dos obxectos: os anteriores indicados. b) Prazo de execución: será o disposto nos pregos de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.
4. Canon de explotación: os importes arriba indicados.
5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Enderezo: r/ Oporto, 1, edificio anexo ó rectorado-3º. c) Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior o do remate do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Os indicados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e nos de prescricións técnicas.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/Oporto, 1-planta baixa. Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses. e) Admisón de variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas do rectorado da Universidade de Vigo. b) Enderezo: r/ Areal, 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo-36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.
10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Vigo, 7 de xullo de 2000.
P.D. (Resolución 3-3-1999)
Julio Taboada Pérez
Xerente

