No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, o modelo de presentación e os demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do Concello de Barbadás, ou por teléfono: 988 36 00 00.
Relación de obras:
-Acondicionamento de parque público en Sobrado do Bispo, con orzamento de 20.000.000 de ptas. e prazo de execución de 4 meses.
-Acondicionamento de parque público en San Lorenzo de Piñor, con orzamento de 10.000.000 de ptas. e prazo de execución de 3 meses.
Barbadás, 4 de xullo de 2000.
O alcalde
Rubricado

