Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria realizada o día 14 de xuño de 2000, procedeu á aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Cabanas para abrir e sinalar aliñacións nunha vía non prevista nelas no núcleo de Cabanas dentro do ámbito de aplicación da ordenanza F.

De acordo co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública durante un mes contado a partir da publicación do presente

anuncio no DOG co obxecto de que poida examinarse o expediente e presenta-las alegacións pertinentes. Ó mesmo tempo acordouse a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias na zona do territorio obxecto da modificación, nos termos establecidos no artigo 34 da referida lei.

Cabanas, 21 de xuño de 2000.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa