O Pleno do Concello, na sesión do día 26 de maio do ano actual, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle promovido por José A. Canedo Zapata en representación Eliseo Bello Mato, referido ó solo urbano na área delimitada polo citado estudio no Paseo da Praia de Malpica, e dispoñe-la apertura do trámite de información pública.
O citado estudio de detalle exponse ó público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente á disposición de todo aquel que queira examinalo.
O expediente poderase examinar na secretaría do concello, de luns a venres, de nove a catorce horas.
Malpica de Bergantiños, 5 de xuño de 2000.
O alcalde
Rubricado

