De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para a adxudicación polo Concello de Marín das obras de acondicionamento e pavimentación do contorno da alameda de Marín, conforme o seguinte contido:
1. Obxecto do contrato: a adxudicación das obras de acondicionamento e pavimentación do contorno da alameda de Marín.
2. Prezo do contrato: 69.998.370 ptas. (IVE incluído).
3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.
4. Clasificación do contratista:
Grupo G; subgrupo 6; categoría D.
Grupo J; subgrupo 5; categoría A.
Grupo K; subgrupo 5; categoría A.
5. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, das 9 as 14 horas, agás o sábado, que será das 9 as 13 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais (26), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
(Terase en conta para estes efectos a derradeira publicación en calquera destes dous diarios oficiais).
6. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e as demais condicións deste concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares que se atopan á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.
7. Apertura de proposicións: o sobre B, que conterá a proposición económica, abrirase na Sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 13 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado, terá lugar o día seguinte hábil á mesma hora.
Marín, 30 de xuño de 2000.
Antonio Santiago Fernández
Alcalde

