O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e a través de contrato de consultoría e asistencia, a redacción do seguinte proxecto:
Obxecto: «Redacción do proxecto de urbanización, do de reparcelación e do estudio de detalle da parcela M-7 relativo ó SUP 1-R, en Perillo».
Orzamento de licitación: 17.003.686 ptas. (co IVE).
Fianzas:
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Prazos de execución:
-Entrega do documento para a súa aprobación inicial: 3 meses.
-Informe de alegacións: 15 días.
-Refundición do documento final: 15 días.
Prazo de presentación de ofertas: o prazo de presentación de ofertas será de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG, rematando ás 13 horas.
Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.
Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Oleiros, 4 de xullo de 2000.
Esther Pita Pita
Alcaldesa

